O tirachinas

Jesus tirachinas

¡Canto me lembro de como de rapaz, polos rueiros da miña aldea de Fornelos da Ribeira, ía co “Tirachinas” lanzando pedriñas sen facer branco! ¡Cantas veces me lembro!

Hoxe deume por buscar o que significaba “O Tirachinas”,e non me fallou o dicionario. Daquela o facíamos con ramas de árbores en forma de Y, con gomas é badana atadas as puntas e centro, estendendo o brazo situado nas meixelas, disparando a algún obxecto. Os paxariños nunca.

Fai algún tempo lin en “La Voz de Galicia”, de que “O Tirachinas” é un arma cargada de futuro. ¡Pode ser! É que Nacho Mirás, falou do tradicional Campionato de Tirachinas na Galicia Central. Unha reínvindicación do xogo de toda a vida, cando non éramos capaces de matar unha mosca.

En verdade, buscando encontreime con algo que descoñecía: “Co Tirachinas das Fadas”.

De rapaz, no eido de Cambra, no rueiro de O Casco, na aldea de Fornelos da Ribeira, disparaba a árbore da maceira, evitando sempre non danar os paxariños.

Non sei cando nacera “O Tirachinas” na miña aldea. Non o sei, nin me importa, pero supoño que xa na prehistoria as xentes que convivían no Coto de Sa, o usaban para matar algún animaliño.É non digamos no Oural ou no Enxembre, por exemplo.

Agora xa hai modalidades de Competicións, regras de xogo polo Comité Organizador; formas de competir, dianas e munición, que nos meus tempos eran pedriñas collidas nos camiños.

Na http://www.culturainquieta.com encontreime tamén, sen querer ferir ningunha sensibilidade, nin
faltar o respecto nin credo, “O Tirachinas de Xesucristo”, que con moita sorna quere participar da Igrexa. Unha artimaña que di,te axudará a sacudir a meixela o próximo, antes que o próximo te sacuda a ti.

Eu que son agnóstico, me parece unha blasfemia ese lanzador de pedras. Si queres ser respectado, empeza por respectarte a ti mesmo.

Viume a memoria o caso de Pedroxota Ramirez, resistindo a prensa escrita co seu Tirachinas, tal cal fixera o pastor xudeu fronte o xigante armado con unha hond., O director de El Mundo,
optara polo Tirachinas, fronte os apoios do poder.

Si algún día, algún de vos soña co Tirachinas, pode significar haber tido unha infancia rebelde, que estivese facendo trastadas, e seguro, te lembrarás delas. Nada mais.

Advertisement