As almas desencarnadas

almas xemelgas

Xa era hora de falar do ano 1.904 cando un alcalde pedáneo da parroquia de Fornelos da Ribeira, afirmaba a presenza das “almas desencarnadas” na que fora Casa Forte de Pedro Álvarez de Soutomaior, onde hoxe está enclavada a Igrexa de San Xoán.

Aquel alcalde pedáneo, comentara na taberna, este fenómeno paranormal, testemuña da presenza de Pedro Álvarez de Soutomaior. Posiblemente o IV Pedro, que dera orde de matar a súa nai.

Xa non queda rastro dos supostos espíritos, ou “almas desencarnadas”, que deambulaban por aqueles corredores desvencellados. Aquel alcalde pedáneo, admitira na taberna, non crer nas versións escoitadas por outros, de escoitar na propia igrexa sons estraños, e incluso algún que outro ruído, na misa dos domingos de gardar.
“Eu que tantas veces fun de neno as misas e rosarios, nunca escoitara ruído algún, e negalo sería mentir”. Hai xente que non cre, outros que si, pero que están, están,dicía o alcalde pedáneo.

Sen embargo, o que mais corría pola taberna, era o comentario humorístico que ben podería ser presentado hoxe na televisión galega.

Naqueles tempos non había redes sociais e si El Condado del Tea, dicía: “Que algún lle saque o viño tinto o alcalde pedáneo”; outros, alguén lle da vida sobre natural e se fai presente aquí. Un dos que mais bebía dicía: Pode tratarse de espíritos de xente que faleceron cando era Casa Forte ou, tratarse do asasinato da nai do IV Pedro.

Todo isto deu pe a que moitas xentes deran a coñecer a súa opinión. Tamén correra a voz dunha imaxe da Virxe na codia dunha árbore que daba pola parte de abaixo da igrexa actual, A descubriran as veciñas da Loña. A casualidade é que nesa parte houbera unha igrexa que pertencía a Casa Forte. O parecer a imaxe se parecía a Nosa Señora das Dores.

Tamén poderíamos falar da “nena morta” de tuberculose, que a súa presenza seguiu recorrendo no século XIX, que o paso do tempo murchou o seu esplendor.

A “nena” tiña nome e apelidos. E as anomalías foron atribuídas a enerxía da nena que deixou impregnada en lenda. E aquí acabouse a historia.

Advertisement