De cando neno, se perdía unha chave e se dicía: non te preocupes, seguro que tes copia.
¿Pero, como non tes copia? E, un grande abatemento soaba: “Tiveches sorte, tiñas copia”. . .
Cando me operación por primeira vez, os médicos me miraban, como si mentalmente me preguntaran “si tiña unha copia da chave da vida”, por si acaso. É A dicir verdade, non tiña duplicado.
Un fai duplicado de unhas cousas, pero a vida vai tan de presa, que non podes vivila dunha maneira duplicada; e te esqueces do duplicado, disto e daquel outro, o tempo que paradoxo, nos convertemos en vellos con o síndrome de Dióxenes, gardando todo, pero sen duplicado da chave da vida.
A partir de aquí, eu funme facendo a idea do que había salvado a vida, por non ter duplicado e proceder a reconstrución de cantas horas, canto traballo. . . e lamentando outras cousas,sen duplicado, é farto difícil.
Nestes días pasados lembreime de cando neno, da miña terra natal: Fornelos da Ribeira. Nin me dera conta. Era demasiado tarde. ¿Que ía a facer, entón? Preguntar onde gardaba o duplicado da chave da vida; onde gardaba copia dos bicos e abrazos da miña xuventude. Pois, amigos, nin sequera gardaba duplicado para recrearme no pasado. Aínda así, pensando a vida, sabía que non tiña copia de nada co fin de poder recrealo pasado coa memoria e a imaxinación.
Pregunto: ¿Podería alguén enfeitizar mellor a memoria dos bicos, os abrazos de xuventude, a voz da persoa amada, tal ou cal sabor, tal ou cal perfume ou tal aquel afecto?
Aquí está o duplicado da chave: A memoria.
Algunha vez pensei que cando nacemos deberíamos facer un duplicado de seguridade,pois todo o mundo sabe que de non facelo a vida é coma a ruleta rusa: “Un día che toca, é te vas sen mais”.
Hoxe xa cos anos, doume conta de que a vida non ten duplicado. A nosa existencia non ten duplicado. So mentes,a memoria e copia da nosa vida, ata onde chega. Dicía Rimbaud, hai quen a perde “por delicadeza”. Paréceme moi ben.
Eu sigo preguntando: ¿Gardas duplicado da vida? Mira eu:
Para atrás e para adiante,
Para riba e para abaixo,
E non puiden avanzar,
Todo se move en redondo,
Alí onde os ventos
Xa non me poden tocar.
Era un día de Ceo aberto,
Estaba triste,
E as nubes se xuntaran
Para chover. . .
Entre as follas muchas da parra
E o caracol que cruzaba,
Me quedei mirando como idiota,
Coa chave posta na porta,
Pero sen copia. . .
É sen saber que teimar.
Debe estar conectado para enviar un comentario.