Polo pan baila o can ¡Manda truco!

Pan de centeno costume

Estas e outras frases, propias da nosa terra, aprendinas de neno, na miña aldea. É de Manuel de Concha, de Cimadevila (q.e.p.d.) con “marcho, que teño que marchar”. . .

Digo eu que en cada aldea, as xentes foron conformando a vida,é tamén en Fornelos da Ribeira, con frases, sentencias é expresión que hoxe expoño aquí, nas tabernas, entón. En Fornelos, había ata cinco: A do Churreiras e Guillade nas Fraguiñas, a de Ron no eido do Casco, en Martín a de Pepita da Caneiras e, en Cimadevila a de Manuel de Concha. Nelas sempre había algún avó, despois de xantar, tomando unha cunca e contando algunha sentencia.

Lémbrome que ao preguntarlle, por exemplo, a avoa ¿Que tal estás? Respondía: “Hoxe non estou nada ben”, dándolle un bico o netiño. É cando este aparecía diante dela: “Hoxe estás de bo ano”.Mellor é que non comas o postre, por exemplo.

Outras veces, che dicían: “Mentres comes non fales”; ou tamén, “coa comida na boca, non se fala”.Tamén “coa comida non se xoga”.

A miña madriña me dicía: “Non deixes a vergoña do galego”, en alusión o resto da comida ou do viño o final na cunca.

Aínda había mais: “Seguro que quedaches con fame”, ou, ¿Non? “Bótame a metade diso”. a hora de servir as racións. . .

“Quedei coma un Pepe”, mais ou menos, “como un reloxo”; ou tamén “Comín como un Bispo”
¡Home! Deber cumprido. Non faltaría mais!

“Non me cabe nin unha cereixa” porque os avós comen ben.

“De hoxe nun ano” ou a “deiqui, nun ano”.

“Xa comín, vou durmir”, “Marcho que teño que marchar”, “Xa é moita hora”,para votala sesta. E para os cativos: “Come, estuda e faite bo” das avoas. “Aproba ou vas coas ovellas ao monte”.

Non fai moitos días aínda, escoitei dunha ourensá: “Me cago na cona que te pariu”.

Da miña madriña: “Manuel pasa que ceas con nos”. “Mal raio te parta”; “agora xa foi chegar e encher”. “Non sexas cantamañá”. “Ponte roupa limpa”. Vaca no millo: “Si pero a vaquiña polo que vale”.

Hoxe está de moda: “Malo será”, é ¿Ti de quen ves sendo? “Nunca chove a gusto de todos”.
“Manda carallo”. . . “Nunca chove que nunca escampara”.

Nos mes de Agosto: “ Xa viña ben unha auguiña”. É no mundo laboral; “Que non falte o traballo”. É por si acaso: “Espabila, nin arre nin xo”. “Con sentidiño”, e senón, “morra o conto”.
Porque “quen ten cu ten medo”:
Se prohibe o paso
¡Manda carallo!
A Vida se sostén co ar.
Se prohibe o paso
¡Manda rallo!
Un neno tenro e triste:
¡Manda carallo!
Se lle prohibe o paso:
É desfilan os heroes
Coas súas laureadas. . .
Non se lles prohibe o paso.
¡Manda carallo!