O campo das caralladas en vigo

fogo acampada

Lembrando aqueles tempos de cando ías aos capuchinos é vías que por detrás estaba o Campo das Caralladas.

Hoxe con meses pasados por auga, comprobo como o tempo pasou e xa pouco te lembras daqueles veciños que “ían a Vigo”. ¡Que tempos! Do embarcadoiro de madeira das Avenidas. Da praia de San Francisco na Ribeira do Berbés, e do Campo das Caralladas no que terminaba Vigo, precisamente no Bar León.

É todos vivíamos coa sorpresa de como o Campo das Caralladas se foi transformando en praza de Fernando O Católico. O nome nos pode parecer curioso, pero ben sabemos que é o nome que lle correspondía pola vida.

Conservo na memoria aqueles momentos de crecemento, dos cambios. Baste dicir que cando era un mociño, dende Vázquez Varela (Casablanca), é a Estación do ferrocarril, empezaba o Concello de Lavadores, é pola dereita non existía mais que o Campo das Caralladas no alto, é as ruínas do pazo de Concepción Arenal, limitando co barrio de Ribadavia.

Así seguiu a vida, é con elas, os estudos e traballos de reporteiro en El Pueblo Gallego; a transformación de novas familias, a desaparición do Tamberlik, Odeón, Cinema Radio,O Cine Niza, Cine Casablanca, Cine Vigo e outros.

Lémbrome “dos mortos daquel verán”, na atribulada causa coa muller do Caralladas, e do Manuel Marante do concello de Cambre coas súas “caralladas” de pasalo ben.

No portal das palabras, encontreime que carallada é un sustantivo feminino de diversión buliciosa; sinónimo de algueirada, chola, esmorga, festa, folía, foliada, gandaina, pándega, rexouba, riola, ruada, troula, trouleo e xalda. Garulada, amolar ou molestia. Cousa sen importancia. E con ela, nos quedamos.

Menos mal que nos queda Portugal coas caralladas. Non pode ser doutro xeito.

Os contarei, como na movida viguesa o profesor de literatura Antón Reixa, canta “Fai un sol de carallo”, é María Madalena Domínguez fixo un poema que di:

Xa tiña un poema escrito,
Listo para a súa publicación,
Cando o quixen publicar,
Respondéronme que non.

A culpa non foi de Xan
Pois o poema era bo,
A culpa foi do carallo
Que armou a revolución.
E por esas caralladas
Que o carallo sempre fai
O carallo do poema
Non o querían publicar.

E foi cando Xan dixo:
Que sería deste mundo . . .
Sen ter o carallo a man,
Pois cando o carallo falte
Acabarase a raza humana.

Publicáronlle o poema
E Xan botouse a berrar:
Amigos: Viva o carallo!
Que é o pai da humanidade!
(Publicado en “Alma de Can”, da asociación galega, para a Cultura e a Ecoloxía)

Advertisement