Coa Almofada Esquecida, viume a memoria esta historia que ninguén xa coñece dunha veciña de A Laxe, chamada Carme Oxea (q.e.p.d.) de Fornelos da Ribeira.
Esta miña veciña (q.e.p.d.), presumía do carro de bois, polos rueiros do Casco ata que no camiño de Martín se detivo; e despois dun breve silencio preguntou:
– Ademais de cantar os paxaros, ¿Que oes?
– E a neta que levaba con ela, lle respondeu:
– Estou escoitando como o carro canta.
– É preguntoulle a avoa: ¿Como canta si vai baleiro?
É moi fácil saber cando o carro canta si vai baleiro, polo ruído que fai, pero este carro, canto mais baleiro mais canta. . .
Isto que os conto era nos anos mozos, mais ou menos polos anos 1.945. E sempre que vira unha persoa interrompendo a conversa, de forma inoportuna, tiña a impresión de escoitar:
“Canto mais baleiro o carro, mais ruído fai”. Non era para menos. Sobre todo naqueles tempos.
Esta e outras, eran, a historia da vida, pensamentos, fame, e incluso, realidade de sonos. . .
¡Canto mais baleiro vai o carro, mais canta! Era difícil encontrarlle solución. Non na había.
Hoxe, dáme por reproducir o neno que fun un día, é que aínda existe. Aquel carro de bois que baleiro cantaba dicía: “Eu quero que o carro cante”, como a canción nos di, no día de hoxe.
Son as historias das nosas vidas,que non volveran, porque xa lles pasou o tempo. . .
Moitas veces penso que so debía lembrarme do bo, porque alegrarme do bo é aceptalo tempo pasado. Incluído o carro de bois baleiro e cantando, buscando sempre vivir no presente, aprendendo do pasado, visualizando por exemplo o Ceo cando estaba gris polo azul celeste.
Mirade por onde: “É cantaba o carro baleiro”. . . Así era o carro é así o lo conto.
Debe estar conectado para enviar un comentario.