O veo (velo) da abadesa

Juan Martínez Abades - Recogida de algas en la ribera del Berbés (Vigo)

É unha historia da Almofada Esquecida, acaecida no Convento da Mercé, en Santiago de Tortoreos en tempos de follaxe, da nosa triste historia.

Me contaran as señoritas de Blanco de Seixas (q.e.p.d.), do Rabelo de Tortoreos, que o Convento da Mercé,era un convento austero, o que nel se observaba. Que a abadesa era de nobre estirpe, visitada por un cabaleiro e un amigo. Dende a rexa do locutorio, a abadesa se namorara do amigo, é sucedéndolle outro tanto a el. Polo visto viñan dende Setados,capital do municipio da vila. Parece ser, segundo as señoritas de Blanco de Seixas,non había mais que a “privación” de estar xuntos. Elas ben o sabían pois eran descendentes de xente de certo alcume, oriúndas de Fontenla en Ponteareas.

A verdade é si era ou non isto certo, pero ambos so pensaban verse é estar xuntos.

Encontraron un expediente para deslizarse furtivamente na “cela” da súa benquerida abadesa.
Penso eu que, contentísimos ambos da tan afortunada oportunidade, resarcíndose do pasado
xexuno,sen contratempo. Digo eu que, o fin e o cabo a fortuna lles devolvera as costas; tal fora así que os encantos da abadesa eran demasiados para ambos amantes de Setados, expostos os
celos das outras relixiosas.

Nin que dicir ten que as monxas expiaban tódolos actos da abadesa é sospeitando o que facía , non lle perdían a vista. Verdade ou mentira,certa noite unha delas vira saír da cela a . . . é non fora un descubrimento das monxas,que resolveron dar parte a propia abadesa, toda ela, bondade e santidade, para que non puidera negalo.

Adoptaron un plan sorprendéndoa, unha noite no que o home ía a vela, conviñeron en que valía mais deixalos gozar dos praceres do amor, antes que movelo asunto. Logo, formando un grupo, unha vixiaba a cela e outra corría na busca da abadesa,chamándolle a porta:

– ¡Irma! Veña, porque unha das nosas irmás, está pechada con un home na cela!!

Non vexades a abadesa atemorizada, evitando que lle votaran a porta abaixo, encontrándose con un crego, nada menos. A monxa pálida e o crego en calzóns.

E gritando:

¿Abadesa onde está a nosa irmá, Nai de Deus?

Non quero nin pensar como aquelas outras monxas furiosas se apoderaron da irmá e por onde a abadesa as chamaba a capítulo.

É, mirade, amigos, por onde o mozo se quedou sen cela, é as monxas sen ánimas benditas que auxiliar!

A historia me di, amigos meus, que cando chegou a hora do “capítulo”, a abadesa subira o asento e empezara coa súa reprimenda; tratou a infeliz monxa culpable, como unha muller que deslustrara a reputación e a santidade do convento.

Non os facedes a idea da monxa avergoñada é embarazada, ademais.

A abadesa a fin de contas recobrara o ánimo, levantaba os ollos e vía o crego en calzóns,algo que ela lembraba. . .

– ¡Que Deus a asista, dixo!

Tan estraña súplica, levou tódolos ollos a abadesa, que coñecendo que era imposible disfrazar a súa aventura, cambiara de ton e demostrara cal difícil era opoñer resistencia ao aguillón da carne, ¡Que carallo!

Non sei o que pasou despois, pois tan doces momentos permitiron que as ovellas se divertiran en cada ocasión, e a abadesa, perdoara e se volvera a súa cela.

De todo o que os conto hoxe, non hai rastro. Pasaron tantos anos que ata o convento da Mercé,deixou de ser convento é transformarse en un Colexio Granxa Escolar. Así son as cousas, é así os as conto. Non hai mais.