A carpideira, de leirado

Carpideira

A fama da Carpideira de Leirado, con conxuros, feitizos, ademais de exercer a súa profesión,
era moi eficaz, segundo me contaran.

O parecer ninguén sabía naqueles pasados tempos, que aquela carpideira asistira a tantos enterros nin exercera coas súas cousas a tanta xente. A lo menos ninguén me soubo dar razón de como se chamaba. Si da súa existencia.

Por aquela época en que Leirado formaba parte do concello de Fornelos (xa estou dando datos), parece ser que había unha tenda – taberna, que se chamaba “O rostro Divino”, onde se vendían cravos, cirios, para a Sema Santa, que ademais tiña renove, porque o parecer,estaba ben situada. Non digo o rueiro para non ofender.

Fai xa anos que sendo un mozo, ía a levarlle leite a unha familiar a Tortoreos nos veráns, cando me contara unha velliña que unha noite do Decembro, cada canto chegaba de Ponteareas, de mercar as provisións para os “traballiños” ¡Xa me entendedes! O pasar pola estrada que vai a Salvaterra, encontrarase con unha veciña que estaba varrendo sen ganas o eido do fogar, e lle dixo: Eu sei que vostede ten un problema que lle atormenta, pero como sempre foi moi boa, quero axudala.
– A ver: Dígame o que lle pasa.
– E rompeu a chorar.

Non sei como poderá axudarme. Fixese que o meu home anda cunha muller de Goiende de Fornelos da Ribeira. Está meigado, me trata mal. ¡Como si eu tivera a culpa!

– ¡Xa non sei que facer!

A carpideira, lle di: Non se preocupe; eu lle teño un segredo. Golpe tres veces a almofada do seu home e póñaa o revés, despois queime ruda, loureiro, e logo rece tres Avemarias.

– Teña fe, e xa verá. . .

O larpeiro do home, regresara coma sempre o fogar despois de traballar no campo. O domingo foran a misa como sempre soñara a pobre muller, pero a realidade durara pouco xa que unha noite chegara pasando a porta da carpideira pedindo auxilio.

Aquilo terminou sendo unha “comidilla” en cada rueiro da parroquia.

E fora posteriormente, unha noite dun sábado cando carpideira lle pedira parte do ungüento para o seu home, que o igual que o anterior, tiña amores con unha “lagarta”, tamén doutro rueiro.

A dicir verdade non era nada usual naqueles tempos negarse a aquelas mulleres de beizos carnosos e suave mirada,debaixo daquelas pestanas, ¡Non!

O parecer unhas daquelas noites aproveitando o muro da Santa Inquisición en Soutolobre, onde se podían ver claramente a silueta delas, viran polos seus propios ollos o derribo de parte do edificio e dende entón todo quedou enfrascado na historia do Barbeitos que foi correndo de boca en boca ata os nosos días, sen saber en que terminou a historia da carpideira que posiblemente moitos non saiban o que quer dicir. Pero eu o lo digo: Era a muller que acudía os enterros para carpir, ademais de outras cousas, ao facer pranto do finado. Hoxe lle chamariamos a chorona.