Hoxe a nosa historia se escribe con cartos

diñeiro

¡Que vergoña! O mires por onde o mires. Todo xira co diñeiro. Todo o mundo vai detrás del.

Dende aquel 1.926 que xa se falaba da “economía global”, ata hoxe, convertidos nun cracs económicos, os cartos (diñeiro) foron a sombra da nosa historia.

Daquela fazaña de Rockefeller, vindo como lle aumentaban as ganancias, “El hombre más rico de Babilonia”; ou quizais ese libriño no que o conselleiro económico George Clason, recollera para gañar, conservar e multiplicar os cartos, pasaron un montón de anos.

Aquel humilde comerciante ARKAD, convertido en home rico, aplicable hoxe en día en cal quer parte do mundo, e non digamos no noso país que somos “amos” na aplicación destas ensinanzas.

Ler, amigos, “Sete curas para un peto baleiro” e a mellor maneira para que en secreto, engrandecerse da ensinanza dun rico prestamista chamado ALGAMISH, aínda en vigor.

Outra cousa é aforrar, lembra ARKAD: “Por cada dez euros no peto non debería gastar mais que nove”, para empezar a multiplicalos cartos aforrando parte dos ingresos. Segundo CLASON, un 10%, así aprenderás a vivir con menos: “Cando empecei a sacar do meu peto so nove dos dez, empecei a “engordar”. Así o facían as nosas avoas fai moitos anos.

Eu empezo por preguntarme: ¿Cantos cartos debo empregar cada mes para sobrevivir?

Explica ARKAD, que si ganamos 10 e gastamos 10 terminamos igualando ingresos e gastos
Outra cousa é controlar o consumo. É hoxe necesitas mais do que recibes. Di ARKAD, que os cartos no banco perden valor, ademais de pasar o que pasou. . . Os ingresos poden axudarnos a construír fortunas é converternos en escravos, case que seguro.

Cando invertes corres o risco de perdelo. Exemplo temos de abondo no noso país. Os desexos románticos de ser ricos, pode confundirnos. ARKAD di si o tes claro, asegura o teu futuro mercando unha vivenda propia. E te sentirás orgulloso do teu esforzo, pero podes quedar sen ela. Exemplos no noso país hainos de abondo.

O aforro non so nos permite vivir, e quizais fora o colchón para cando non se poida traballar,pero xa sabedes como está o panorama. É non se trata de cuestión de idade, a saúde, polo que debemos ter unha solución de emerxencia: Pensión de xubilación,pero xa sabedes como está a situación. . .

O tempo non so nos debera axudar a multiplicar os nosos ingresos, senón, a facernos mais sabios, pero xa vedes tódolos días nas tv para acceder “O Sétimo día”.

Buscaba ARKAD, o ensaio da “sorte” que arranca do proverbio babilonio: Si un home é afortunado, non hai forma de predicir o posible alcance da súa fortuna. É que razón ten: Vaste velos na tv de todo o mundo. No noso país somos exemplo.

Aproveitan as oportunidades que se lle presentan e sacan partido de todas elas, e non vexades como engordan os petos, ou ¿Non?

Mirade:

– Ser produto de pais traballadores, os pode levar a ter diferentes formas de pensar e expresar novas cousas de vida.

– Canto mais forte sexa o teu cerebro, e mais o utilices, mais cartos farás. . .

– Si non o podes permitir, di KIYOSAKI, deixarás de funcionar. . .

– Traballar por cartos, mal negocio. Entre vivir para traballar ou traballar para vivir hai un mal negocio. Nunca terás un duro.

– Con cartos hai que fiar seguro. Os ricos xogan para gañar e ¿Si gañan? Se fan millonarios e apostaran unha e outra vez. . .

– Tende en conta que o pai rico estando na ruína segue sendo home rico.

– Estuda para traballar nunha boa empresa porque ten o seu aquel. Estuda fillo para entrar nunha boa empresa, e si sabes vender ben a imaxe,alcanzarás postos altos. É te dirán: Ti si que sabes!

Si nunca vas a ser rico, ten presente que a quebra e temporal é a pobreza eterna. Os cartos son poder. Ter unha boa educación e unha ferramenta de oportunidades, so falta ter actitude e ganas, pero ¡Ollo! Tes que ter poucos escrúpulos. A tv é un exemplo a diario de canto pasa.

Xa vedes por onde anda a nosa triste historia. Felizmente eu son feliz grazas a que as miñas aspiracións son poucas. So mentes vivir. Non é pouco.

Advertisement