A ra do charco do rueiro de a loña

ra charca

Mesmamente onde vivía Manoel da Loña coa súa familia.

Fronte mesmamente o eido familiar, me lembro da poza é a ra, que non gustaba do lugar. Tódolos días do ano, os que pasaban para Cimadevila, polo lameiro, dando de beber o gando, a ra se deprimía con todo o que sucedía. ¡Que fea e vulgar, se sentía! É me contaran, precisamente, os veciños, que detestaba a súa xigante boca de buzón, e seus sons, que en nada tiñan que ver cos cantos dos paxariños nas árbores da subida a Igrexa.

Así mesmo, me contaran que a cor verde amarelo,era para ela feo, é estaba obsesionada coas manchas escuras da pel, é o que mais lle repateaba era o seu tamaño, porque o feito de ser pequena, lle parecía cos bois e vacas, que ían a beber alí, un ser insignificante.

Tamén me contaran que cada mañá, despois de verse na poza, se lamentaba da súa mala sorte, porque sorteaba as pedras, para fuxir das ovellas, cabras e vacas, quedando pasmada, ollando pra a Maruxa, cando pasaba para Cimadevila, ou as pericas que por alí vivían.

¡Carallo! Que sorte teñen as vacas. ¡Como me gustaría a min ser como elas!

O parecer falta de sentirse como elas, un verán no que a poza fora quedando sen auga, se xuntara con outras ras, é espetáralles:

¡Amigos! Para min, se acabou ser pequena. Voume facer grande, é quero que me digades si o conseguín ¿De acordo?

Os amigos empezaron a dicirlle que non; pero de nada servira, pois estaba decidida a facelo. Pechado os ollos, aspirou ar, todo o que puido, e puxo a boca de piñón, para non desincharse.

Preguntou: ¿Xa son tan grande como as vacas?

Nin de lonxe.

A ra, da lle que te pego, estirouse ata conseguir forma redondeada. . . que o Manuel da Loña, lle parecera mais ben unha pelota de beisbol.

É agora ¡Que!

Estás louca de remate. É o boi e a vaca, foron sendo infinitamente mais grandes que ti.

¡Que mala sorte!

A ra, respirou e fixo: ¡Pum! Rebentando como un globo pinchado. . .

Por sorte unha meiga que vivía no rueiro da Laxe, que coñecía ben os froitos da natureza, buscou unha tea de araña, coseuna cuns palillos e grazas a ela, puido salvar a vida.

Isto me serviu a min, para pensar que cada quen nace con unhas cualidades; é vo aproveitalas
Os veciños de Fornelos da Ribeira, en tódolos tempos se sentiron orgullosos de ser como son é eu tamén. Dito sexa de paso.