¡Vagalume, Vagalume!

vagalume

Que non quería voar, cando aparecía iluminando as noites polos rueiros da miña terra.

É digo eu, como aqueles animaliños da miña nenez, formaban grupo, e vivían en comunidade dentro dos buracos nas gabias dos rueiros da miña aldea.¡Que curiosidade!

Lémbrome,tal como si fora hoxe, cando desaparecía o sol de verán, é dende As Fraguiñas ata o rueiro de O Casco, todo escuro, os vagalumes saían e seus corpos “titilaban” como pequenas estreliñas resplandecentes. Non eran moitos, non. Pero, para min, era un espectáculo visual que ¡Tal vez! Emocionara o resto dos animaliños.

Daquela, os vagalumes que había disputaban dese ritual, excepto os que estaban na subida a Igrexa de San Xoán ir indo do Casco para As Fraguiñas, no Carrascal.

As veces falaba cos veciños, e ningún entendía o que sucedía. Os da carballeira de As Fraguiñas eran por certo orgullosos e preferían permanecer ocultos na árbore, que por certo, se encargou de “tumbalo” o abade, como si del fora.

Agora penso, de cando me contaran que a miña avoa Rosa, falara con eles,cos vagalumes, ¡Alucinaba! A miña madriña que era prima, contara que un dos vagalumes non quería voar, que eran poucos… A verdade e que non participaba moito,o parecer. A miña avoa, lle comentara a miña madriña, que aquel vagalume se sentía avergoñado. E que cando polas noites se vía iluminado se sentía insignificante.

É certo que a miña avoa non soubo que contestar. . . Non entendía nada de nada. Menos aínda cando a Lúa non brilla sempre igual. Canto está chea a luz o invade todo e aclara a noite, pero cando está minguante o brillo é menor.

Non sei de certo, si o vagalume lle dixera: “Cando a Lúa e pequena, si non fora por eles, o vieiro de As Fraguiñas ata O Casco,parecería un túnel. É ¿Que pasaría co vieiro do Oural? Por exemplo.

Daquela non había puntos de luz eléctrica como hoxe hai, é polo tanto, tiñan a responsabilidade non so de embelecer os rueiros e vieiros nas noites, senón, servir de guía a tódolos veciños que non souberan orientarse na escuridade. Sobre todo os que saían da tabernas que entón había de Monolo do churreiras, Guillade ou Ron.

Isto me pasou a min nun verán do 1.942 cando a miña madriña me explicara a conversa co vagalume, na que recoñecía a misión¡Santa misión! da vida e dos rueiros.

O que mais me entusiasmara fora a puntual felicidade compartida pola “luz”con tódolos veciños das Fraguiñas, O Casco, A Laxe, etc. Para todos, naqueles tempos de miseria, coa luz eléctrica xa era unha ledicia de progreso. É aquí acabouse a historia.

Advertisement