Polos rueiros de Fornelos da Ribeira

Fornelos da Ribeira
Fornelos da Ribeira

De pequeno recorrín a pe é bicicleta tódolos rueiros da parroquia,sendo recibido con toda xenerosidade polas xentes dos lugares por onde pasaba. ¡Que pracer!

Hoxe, estamos perdendo cousas; cousas sensibles, cousas fermosas que teñen os nosos rueiros: Aquel contacto coa natureza, o diálogo coas nosas xentes, que forman parte natural da nosa maneira de ser e sentir.

Cantas veces, me pregunto: “Si eliximos a vida ou a vida nos vai levando polos distintos vieiros e rueiros que as veces nos conduce a caer, é despois, nos custa recuperar”.

O paso do tempo e dos anos, me ensinaron que na realidade,cada un o analiza, si chega a conclusión de que ”cada un elixe realmente o camiño que quere recorrer ou non”. É quizais por algunha razón se converte en “omisión”, é esta, vai confirmando o traxecto e vieiro pola cal transitamos o longo da vida. Todo o que sucede no fondo,é unha relación da casualidade. É dicir: “Nada sucede porque si”. Mai dun o atribuirá a distintas circunstancias que lles toque vivir. ¡Posiblemente!

É digo eu, que dos feitos que me tocaron vivir, zozobrei moitas veces, difícil de sortealos. Mais dunha vez, fronte a unha taciña de café, preguntei me: ¿Vives ou sobre vives, é cal é o concepto que a xente ten da vida?

Cando deixei de velos rueiros de Fornelos, aprendín a re valorar o sentido e a magnitude que ten este pequeno regalo da vida. ¿Estamos aproveitando esta oportunidade que nos da a historia, ou a estamos vivindo bíoloxicamente deixando que a vida pase por diante, sen avanzar o camiño da meta que desexamos?

¿Que facemos en pos do noso benestar, veciños de Fornelos e Lourido?

Traballar, si. Todos traballamos, e quizais traballemos mais da conta. A resposta: Pero as obrigas, a responsabilidade, as contas. . . non saen. É certo. Aspecto material da nosa maneira de ser e modo de estar, pero se está a perder as cousas mais saudables, mais fermosas que ten a vida, que é o contacto coa natureza, o diálogo nos rueiros coa xente. ¿Como logralo? A medida que o mundo se globaliza, a medida que o mundo se torna cada vez mais insensible as necesidades da xente é necesario compatibilizar ambas cousas.

Dicía o doutor Walter Dresel que vivir na mais ampla aceptación da verba, é extraer de nos mesmos o mellor, para ir indo, pouco a pouco recorrendo camiños e rueiros que nos permitan xuntar os nosos sonos e ilusións con paso firme por un Fornelos da Ribeira mais grande e firme. ¡Que así sexa!