A historia da gardenia

gardenia

A cheirosa historia da gardenia, popularizada por Antonio Machín, ofrecéndonos: “Dúas gardenias para ti.”

Esta miña gardenia,como tódalas demais, proceden da China ou África do Sur, e forman parte da planta do café. ¡Quen o diría!

As nosas terras chegou pasado 1.720, en rivalidade coa Camelia. O seu nome procede de “Garden Alexander”, botánico escocés do século XVIII, en Carolina do Sur.

Como flor branca e moi delicada “é o seu “engreido” cabaleiro misterioso, que vaga polas noites, vestido de frac con chistera, o fixo na voda do sobriño Manuel, no ollal, conservada moitos anos despois nunha maceta.

E unha flor moi sensible, é as variacións de temperatura lle afectan moito; é imprescindible luz,
humidade. . . É unha gozada contemplalas na rúa de Xenaro de la Fuente de Vigo, – como unha sibarita – non soporta o calcio. Tódolos días as vexo co seu cheiro doce embriagador. . . Igual que as rosas de hoxe, polo San Valentín para dicir: “Te amo”. Certamente, simbolizan amor, curación, pureza e beleza. Daquela:

Quíxente so ,como un amoroso poema,
Para levarme o sosego e coidado,
E seguir a túa historia pola beleza,
Para poder encontrarme.
¡Ai gardenia da miña vida!
No teu perfume está todo,
No solpor, na aurora,
Na frescura da mañá,
No paseo polas rúas,
No son,
Na dozura da mel,
Na noite escura e do día.
Nas cores e nas nosas pobres
Xuventudes perdidas. . .
No teu perfume esta todo.

Gardenia flor branca,
Folla fina é cor verde,
Me enches de nostalxia
E fas que sempre te lembre.

Tantas veces me lembro de canto espertaba, no eido ao abrir a fiestra,envolto nos raios do Sol, é:
Nalgunha tarde de verán,
A ilusión fuxira;
Estaba so,
E sobre todo aburrido.
Ollaba para o Ceo celeste,
E o vía gris;
Ollaba para “Sannomedio”,
Non me parecía feliz.
Todo me parecía sentir
Unha estraña sensación
E se fundía por momentos
O ánimo e ilusión.
Soñar non custaba cartos,
E da forza e enerxía,
Transformar a tristura
En ilusión e alegría.

Estaba no verán,
Querendo un mundo en paz,
Me contiña coa rabia
Das guerras: ¡Nunca mais!

É agora os meus anos,
A flor busco nos sonos,
Transmitindo o arredor,
As flores dos meus incómodos.

So penso,
Como o viño de crianza
Vai mellorando seu sabor
Co pasado dos anos
E lle damos mais valor;
A ver que pasa cos meus poemas,
Cando cheguen a maior.

Advertisement