¡Que perfumadas, eran as condenadas!
É iso que non era ningún complexo turístico, nin unha carballeira dun parque. Non. Era a entrada o lar de Cambra, no rueiro de O Casco, en Fornelos da Ribeira, miña terra natal.
Lémbrome como de rapaz, sementara por ambas partes da entrada unha chea de caraveleiras, flores policromas, resistentes, pertencentes a familia dos caraveis.
Non me fixo falta que Ramón Duicela, me dixera como abrían os pétalos cos destelos do Sol, nin como se fechaban nos días nubrados, non. Eu, a partir dos dez anos, sementara, dende a entrada ata o lar,por ambos lados, diversas clases de caraveleiras, tendo presente que estas necesitaban Sol e humidade, antes que auga.
É posto que dicían ser algo tóxicas, era necesario lavalas mans despois de manipulalas. Xa, noutras ocasións fixera un sementeiro, para transplantalas despois.
¡Que boas eran as pobres! Aguantaban a falta de auga, nutrintes. . . É, como florecían ata finais do verán. ¡Moito aguantaban! É ¡Como cheiraban!
Eu, hoxe, recomendaría a todos que si os caraveis supoñen unhas 300 especies,que coidamos,
non debemos esquecernos do xasmín, co seu aroma inconfundible; da Dalia, exótica, fácil de cultivar, do romeu, para poñerlle unha ramiña na tumba dos defuntos. O gladiólo, fermoso, como o Dente de León, sen esquecerme da orquídea, a mais fermosa do mundo, que a miña madriña cultivaba no seu pequeno xardín, é que tódolos domingos levaba, para adornar a igrexa de San Xoán.
É como , me vou a esquecer de Tirso de Molina, de preguntar: Entre o caravel e a rosa, ¿Cal é a mais fermosa?
O caravel, lindo en cor,
A rosa, todo amor,
O xasmín,cheiro honesto,
a azucena, relixiosa
¿Cal é a mais fermosa?
No “Rincón da Poesía”, falar de poesía é falar co corazón na man, é expresar sentimentos, é facer que os sentimentos se apoderen do corazón, facendo que as verbas non sexan verbas: “é transmitilas”. . . Por iso:
O chegar o alto da Igrexa
De San Xoán de Fornelos,
Entre silvas e silveiras,
Vin unha fermosa caraveleira
Chorando polos seus filliños:
Os caraveis vermellos:
“Seus fillos lle roubaran”
¿Quen serían?
¡Ai, amigo! Pasou tempo . . . É que lento é o tempo, para os que esperan, pero que rápido é para mín. . . Longo para os que sofren, corto para os que vivimos, pero tamén, ei de dicilo: “Para os que aman” o tempo é terno. ¡Non o dubidedes!
¡1.940 en adiante! Tempos malos. Ideas malas que chegaban por todas partes. Pero no eido de Cambra, era unha gozada observar aqueles caraveis brancos empapados en sangue.
Dicía Gabriel Celaya: “Son verbas que todos repetimos sentindo como nosas, e voan. . .”
“Son gritos no ceo, na Terra son actos”.
Nesta mañanciña quixera encher o santuario da capela de Santa Rosa, no rueiro de O Casco, con novos pensamentos. Tal como desexaba Xesús Brel, porque facer o que veño facendo nesta “Almofada Esquecida”, e suscitar sentimentos, pensamentos e valor emocional durante tantos anos de infancia.
De verdade, si existe o Edén, podo afirmar e afirmo que mentres os meus ollos de neno contemplaban as belidas terras do meu Fornelos da Ribeira, era, para min, un privilexio, dentro daquel humilde paraíso.¡Así de claro!
Debe estar conectado para enviar un comentario.