Ou Saltamontes, en castrapo. Animaliño de cor verde ou amarelo, coas patas posteriores saltadeiras, cuxas femias posen un oviscapto.
Tamén soen chamarse, “O Saltón Peregrino”, pero soen ser mais ben grises ou pardos e non teñen oviscapto.
Cada día estou mais convencido de que son a poesía da terra, que non fenece nunca. Cando as aves desfalecen co cálido Sol, son as árbores refrescantes na que se esconde a voz. A voz do Saltón, que ameaza o festival desencantando da herba, e a poesía non cesa, en solidariedade coa noite invernal, cando canta o grilo.
Non vou a falar das características, nin da reprodución e menos aínda da circulación dos Saltóns que os deixo para a Wikipedia.
Agora lémbrome de canto collía algún saltón e lle contaba as patas, os ruídos, e como comían herba e froitos. Os saltóns depredadores, constituían unha auténtica praga,cousa que favorecía o abandono do campo.
Algunhas especies procedentes das migracións como a “Locusta Migratoria”, decimaba as colleitas.
Lémbrome de ir indo polo val do Tea, dende o rueiro de Rañe ata Martín, atopándoos diante de min.
Na escola pública de Lourido, nunca o mestre nos falou nin dos saltóns nin dos grilos, que tamén formaban parte da nosa historia.
A últimos do mes de Abril,observei no “Astroforum”, de que “O Saltón” tamén é unha estraña galaxia, fusión de dúas, cuxos centros corresponden a zonas mais brillantes. Nada menos que a 500 millóns de anos luz. ¡Case que nada!
Tamén do “Saltón Verde” fala Ana María Matute. E por si non fora pouco do “Saltón Centinela” dos Picos de Europa, que dende o século XIX, ven por desvelar o cambio climático.
Agora, quedo me, cos arranxos do poema de Carlos Aguilera, poeta recen chegado que di:
Salta Saltón
Salta nas ramas,
Salta no ar,
Cal si voaras.
Salta nas matas,
E si te paras,
É porque queres
Buscar por onde
Brincar mais fodo;
Saltar mais lonxe,
Flotar mais tempo
É sentilo vento. . .
Salta Saltón,
Salta nos montes
Pardos chispazos;
Salta sen ar
É aínda que non voas
O ar escalar.
Tamén Nico Pozón Requejo:
Coas sombras os asombro,
Entre as flores me camuflo,
Co meu belido disfrace.
A vida do Saltón
Dando brincos e mais brincos
Apenas bica nos montes.
A vida depende dun fío,
É dos paxaros a presa,
Nunca pode estar tranquilo:
As Ras, as mais perversas.
É nada mais por hoxe.
Debe estar conectado para enviar un comentario.