Si, amigos si, non envellecemos cando se engurra a nosa pel, senón cando se engurran nosos sonos e a esperanza de alcanzalos. Non sei quen fora que dicía “que ninguén lle arrebatara as engurras da fronte, conseguidas a través da beleza da vida, ou as da boca que mostrara cando rira e bicara”. E digo … Seguir lendo As engurras da terra son os sucos da pel
Categoría: Cultura
O “Zaragozano” no eido dos Cambra
Agora que estamos, venme a memoria o “Calendario Zaragozano” que había no eido de Cambra, editado polo astrónomo Mariano Castillo, que de forma interrompida, exceptuando a guerra civil, se conserva ata hoxe cos mesmos contidos. Agora que teño tempo dabondo, deume por investigalo Zaragozano, non polo nome senón pola honra de Victoriano Zaragozano, nado na … Seguir lendo O “Zaragozano” no eido dos Cambra
Os Cambra, Carlistas en Arxentina
Teño dúbidas de que os meus parentes, fillos de Clemente Francisco Cambra de Fornelos da Ribeira, emigrados no Bos Aires, se foran baixo a bandeira que combateran no ano 1.806/1.807 contra o invasor británico, testemuñas o Estandarte de Granaderos Voluntarios de Bos Aires, que se conserva no Museo de Luján, a poucos metros da residencia … Seguir lendo Os Cambra, Carlistas en Arxentina
Aquel Fornelos de antano
Lémbrome imaxinariamente do meu bisavó Ignacio Estévez de Castro, licenciado en Cánones, sentado o pe do Cruceiro do Casco, meditando as súas alegrías, os seus traballos e as súas inquedanzas. Porque, aqueles períodos da súa vida se arranxaban coa historia: “Filosofía e Natureza”. Penso eu, que naqueles tempos coñecían a hora do día pola sombra … Seguir lendo Aquel Fornelos de antano
A nosa aristocracia, no século XX
Dicía Georgina Greco, que os nenos e nenas da época (século XIX), alcanzarían a cultura que lles daba o gravar na memoria o Catecismo, aprender a bordar, a bailar o vals, e tocar malamente o piano, que vestía moito na aristocracia daqueles tempos pasados. Lémbrome en Vigo, de familias como Arines e López de Neira, … Seguir lendo A nosa aristocracia, no século XX
¡Por que cantan os galos!
Despois do enredo dos galos de Fina da Taberna e a miña madriña, co conto dos galos, hoxe falo de cando pequeno, no eido de Cambra, escoitar cada mañá o canto do galo era un suplicio. E preguntaba a miña madriña Alfonsa, porque as aves non necesitaban ter luz do sol, para espertaren. E me … Seguir lendo ¡Por que cantan os galos!