Lembrando as feridas de Fornelos da Ribeira. A miña terra. Daquela, a República Española fora ben acollida polos fillos de Fornelos. Unha das razóns de tan boa acollida fora a instauración da República, que alimentaba as esperanzas de que se aclarase a morte en 1.920 do veciño agrarista Xoán Dominguez Vieitez, do rueiro de Pedrapiñeira, … Seguir lendo Letras feridas
Etiqueta: fornelos da ribeira
Hai que vivir para contalo
Así é a historia que os vou a contar. Ese rolo de render galantear, ese mostrarse. . . que da acubillo a unha persoa e tres empregadas do fogar, ese comer groseiro, ese alardear de “señor”, comportándose como burrico; ese chorar na TV. por un recoñecemento sen ter título de xornalista, ese envolverse en roupa … Seguir lendo Hai que vivir para contalo
A miña aldea
“No alto das Fraguiñas Está a Igrexa do pobo; O Campanario da igrexa Funde a Cruz con o Ceo”. - Dime madriña: ¿Hai outra igrexa, como esta No mundo enteiro? - Esta Igrexa so está Meu afillado, na túa mente. Os teus anos non alcanzan As pedras do campanario. - ¿Te lembrarás, meu afillado Cando … Seguir lendo A miña aldea
Fornelos da Ribeira, ¿Darás pousada os pobres?
Escondida detrás da carballeira de As Fraguiñas, en San Xoán de Fornelos, adormecida, a sombra do Coto de Sa, esta a Casa Forte do (IV)Pedro Álvarez de Soutomaior, arrollada polo sempiterno río Tea, que preguizoso se desliza deleitándose nas delicias das doce veigas. No espello das súas augas dende o rueiro de Rañe na parroquia … Seguir lendo Fornelos da Ribeira, ¿Darás pousada os pobres?
Dúas moxenas de Fornelos da Ribeira
Unha: Estando o vello Manoel botando contas no confesionario na igrexa de San Xoán de Fornelos co párroco, se escoitaran estas verbas: - ¡Bueno! Vamos a ver. . . - E agora fai ben e non mires a quen, como di o refrán. - ¿Que? - ¿Que tes que dicirme disto? - Pois, señor cura, … Seguir lendo Dúas moxenas de Fornelos da Ribeira
Beatas, freiras e donas, da parroquia de San Xoán de Fornelos
Aló, con motivo do Sínodo Diocesano de 1.629 se fixo saber: “Por quanto en muchas iglesias y ermitas deste obispado ay mugeres que con el título de freyras e donas dos señoríos, sirven de sacristanes, lo qual trae muy gran indecencia consigo, porque andan en la sacristía entre los sacerdotes, y se llegan a los … Seguir lendo Beatas, freiras e donas, da parroquia de San Xoán de Fornelos
Debe estar conectado para enviar un comentario.