A aldea, a miña aldea

aldeaFalar de a aldea, e falar dun forte arraigo e presenza deste territorio que reflexa, indubidablemente, a nosa identificación galega.

Cada día escoitamos as xentes polas rúas, non ser nados na vila ou na cidade, sen ánimo pexorativo, ser da aldea; como eu, que tamén o son. Ë cando escoitamos que un é da vila ou da cidade, mercando vivenda no campo, a utiliza como segunda, é din: vou pasar uns días a aldea.

Eu quero explicar que non hai que confundir un barrio con aldea. Para evitar equívocos, digo que o termo aldea é cal quer entidade singular de poboación con carácter non urbano, excluíndo o fogar illado.

Outras veces escoitamos falar do meu pobo; para distinguilo explicarei que os asentamentos rurais son xenericamente aldeas, e pobo, cando comezan a ter algunhas características semi urbanas. Precedo Ledo, aplícano as pequenas vilas de 500 a 1.000 habitantes.

Tamén existen aldeas nas que as casas non son compactas ou apiñadas, senón que dispoñen dunhas, como digo eu, nebulosas que reciben o nome de lugares ou rueiros.

Niemeir, nos fala de aldea, como a mais antiga forma fundamental das instalacións humanas.
A parroquia como terceiro eslavón da xerarquía nestes asentamentos, Lison Tolosana, nos fala da importancia social, da carga humana é afectiva que en ela se encerra.

A parroquia nacera como entidade eclesiástica formando un marco de solidariedade veciñal. É na aldea da parroquia ocupa unha posición central a igrexa. Que integra a tódalas aldeas que conforman a parroquia.

A historia da parroquia de Fornelos da Ribeira, está conformada polas “aldeas” ou rueiros singulares de O Abelan, O Bulleiro, O Carrascal, O Casco, Cima de vila,A Costa, A Cruz, Enxembre, A Fraga, As Fraguiñas, Goiende, A Loña, A Mámoa, Martin, Oural, A Pedra Piñeira, Rañe, O Rebaído, Saa, A Seariña e A Xesteira.

Analizaremos cada un destes rueiros singulares:

O Abelán, e un rueiro derivado do “abelá”; e dicir: Do árbore da abelleira, comestible e que formaba un terreo de abeleiras. De aí, o nome.

O Bulleiro. Chamado así por ser un rueiro húmido e lamacento (de lama), ou charca. Tamén pode derivarse porque no terreo nace auga. Din: “Xaneiro xiadeiro e febreiro unha raza de sol e outra de bulleiro”.

O Carrascal, rueiro así chamado,quizais, polo estrato arbório é específico da carrasca, onde o parecer houbo un carrascal termófilo que foi substituído en grande parte por terras de cultivo e piñeirais. Posiblemente no tempo de recibir este nome fora terra de estrato herbário pobre.

O Casco, rueiro, onde fun nado, segundo o Dicionario da Real Academia, o define como un conxunto de edificacións nunha cidade”. ¡Vaia lío! Neste caso, o nome de O Casco, lle veña polas casas señoriais que fixeran un núcleo de poboación, ou “porque as xentes do lugar eran lixeiras de casco ¡tamén podía ser! ¿Non os parece?

Cima De Vila, é outro rueiro singular de Fornelos da Ribeira, cuxo orixe proben de ser o punto mais alto da vila, pero tamén pode obedecer o seu fundador Cimadevila. Non o sei ben.

A Costa, rueiro singular, tamén da parroquia de Fornelos, débese o uso na diferenza do terreo do rueiro, ou tamén o uso do gasto das persoas que vivían “a costa” de. Eu inclínome recibilo nome de A Costa, pola terra con releve xunto a unha extensión de auga. ¿pode ser?

A Cruz, outro dos rueiros singulares da parroquia de San Xoán de Fornelos é a de encontrarse na entrada, pola estrada vella de Ponteareas a Salvaterra. O nome de A Cruz, proben de “a cruz” dunha casa solar do século XVII. Ben conservada. Penso eu, que posiblemente nese rueiro fora “a cruz” do suplicio e axustizamentos primitivos, ademais de cruce de camiños onde atoparse con alguén no vieiro.

Enxembre, rueiro fornelense, pode ser un derivado do francés “ensembler”, encaixar.

A Fraga, ven derivada do terreo onde hai moitos árbores e mato esposo.

As Fraguiñas, diminutivo de fraga,espeso é con penedos. Especie de fraga en pequeno,dentro do seu peculiar rueiro.

Goiende, outro rueiro de San Xoán de Fornelos. Completareino con mais datos.

A Loña, outro rueiro de San Xoán de Fornelos. Completareino con mais datos.

A Mámoa,rueiro singular, que recibe o nome de A Mámoa, do latin mammula, sepulcros prehistóricos da época megalítica,formada por unha masa tumular ou montículo artificial de terra que recolle unha anta ou dólmen.

Martín, rueiro limitando con Pesqueiras. Completareino con mais datos.

Oural, completareino con mais datos.

A Pedra Piñeira, completareino.

Rañe, completareino c on mais datos.

O Rebaido, posiblemente derivado de “re+bater” ou de rebaise do grosor da terra.

Sá, completareino con mais información.

A Seariña, completareino con mais información.

A Xesteira, rueiro das xestas. Completareino con mais información.

Como podedes observar a distribución espacial das aldeas da miña parroquia, mellor rueiros, está relacionada con a aldea e os seus tipos.

A revolución do ladrillo e o cemento fixo cambiar o panorama das construcións que xa estaban por outras edificacións, e deixando as casas tradicionais para establos e celeiros, moitas veces.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Publicidade

Ola!

Son Manuel Alfonso Estévez

Manuel Alfonso Estévez

Blog persoal para dar a coñecer o Condado de Salvaterra do Miño, a súa historia, os seus roteiros turísticos-gastronómicos e os seus viños.

Últimos comentarios

Descobre a riqueza cultural galega con ‘Galicia, Galicia’ de Manuel Rivas. Unha mirada perspicaz, liberadora e divertida que desafía a propaganda e exalta a liberdade, a imaxinación e o humor.