Florencio Manuel Delgado

Florencio Manuel Delgado

Un dos nosos poetas

Porque entendo eu, que é un poeta que trata de afondar na esencia mesma da poesía,ollando a paisaxe, e as cousas da nosa terra, cos ollos claros e adiviñados, limpos de prexuízos da fachendosas sapiencias, ou de cativos arremedos, como dixera Marcial Fernández falando del, cos ollos sinxelos que souberon ver non so mentes a realidade da forma e ledicia da cor, senón tamén, o segredo mensaxe que xurde da terra chea de saudades e cobizas:

Noso río meirande non é o Miño,
galan a namorar moza ribeira,
nin o Sil, fachendoso co seu ouro
e do seu belo enfeite de cepeiros.

O Gulf Stream é o noso río meirandes
río que rega as xirxilantes veigas
e os carreiros de escuma
que as sereas gorentan;
os dos risos de choiva,
garimosóns de néboas,
que andan a palparlle os peitos as montañas
que folgarse coelas
é, afoutado, cobrilas
por ser pai de regueiros e fontenlas.

A sorte levoume o libro Bebedeira, na súa expresión poética, acertada sempre a conservar o sinxelo daquel rapaz que troulaba na ledicia dos “magostos” nas noites de invernía; ou do mociño bailando muiñeiras e ribeiranas na festa, como o facemos nós, na carballeira das Fraguiñas.

Case que, o mesmo humor e a mesma paixón enfiados na agulla dun tinto ou branco albariño:

Os mociños bailando ledos,
ao redor da fogueira,
(lingua, rosas a lamber
das somas as carnes pretas);

O pintor “viño” a pintar
fortes cores nas meixelas
a estoupar os aturuxos
como foguetes nas festas.

Algo del levo na pel, ao menos os sinos sagrados da poesía, tinguido todo de engado da súa maxia.

E mais: A condición mais esencial do poeta Florentino Manoel é que supera o grande valor que é o amor, meténdose no curruncho mais fundo do puro enfeite intelectual.

E digo eu que un poeta como el, ten a difícil facilidade de pintar a un tempo, as cousas mais correntes e pequenas, como:

O carro
co lombo cargado de herba
ben por amostrarnos folgos
cantando unha cantarena.

“Do ceo e da terra”, da sensibilidade, da intelixencia e do sentimento, aquí o expoño,como un poeta noso, vendo como se debroca solpor de nós, a raiola mesma da poesía.

Amén

Publicidade

Ola!

Son Manuel Alfonso Estévez

Manuel Alfonso Estévez

Blog persoal para dar a coñecer o Condado de Salvaterra do Miño, a súa historia, os seus roteiros turísticos-gastronómicos e os seus viños.

Últimos comentarios

Descobre a riqueza cultural galega con ‘Galicia, Galicia’ de Manuel Rivas. Unha mirada perspicaz, liberadora e divertida que desafía a propaganda e exalta a liberdade, a imaxinación e o humor.