Marcial Fernández

Florencio Delgado GurriaránÉ a poesía de Florencio Delgado Gurriarán. Que, dende Veracruz (México), dedicou no ano 1.959 a revista “Vieiros” do Padroado da Cultura Galega de México.

Escribe Marcial Fernández de Florencio Delgado, ser un poeta galego que, por ser galego e poeta, dun xeito integral, é por entender e tratar de afondar nas esencias da galeguidade e da poesía, ollou sempre a paisaxe e as cousas da súa terra con ollos claros de adiviñador, con ollos limpos e novos, con ollos sinxelos que souberon ver, non a realidade da forma é a ledicia da cor, senón, tamén, a mensaxe que xurde dunha terra antiga, chea de lendas belidas de saudades agarimosas é de cobizas ecuménicas:

“Noso río meirande non é o Miño,
Galan a namorar moza ribeira,
Nin o Sil, fachendoso co seu ouro
É do seu belo enfeite de cepeiros”
¡Quen anda a apalparlle os peitos as montañas,
Para folgarse con elas
Por ser pai de regueiros é fontenlas?

Fala Marcial Fernández da poesía de Florencio Delgado como endexamais se lle escoitara a voz engoulado nin o aceno de quen cre haber descuberto un mediterráneo, non, acerta a conservar a sinxeleza e a xovialidade dun rapaz que troulaba na ledicia dos “magostos” nas noites de invernía, é do bailar ribeirán nas festas.

O poeta que leva sempre a flor de pel os signos sagrados da poesía, tíngueo todo do engado da súa maxia:

“O pintor viño, a pintar,
Fortes cores nas meixelas,
A estoupar os aturuxos
Con foguetes nas festas”.

Amigos meus, do Ceo e da Terra, da sensibilidade e da sensualidade, da intelixencia e do sentimento, fago coma os poetas unha soia dimensión, unha soia sínteses de absoluta entrega sen ourelos da eternidade, vendo como se debroca enriba de nos a raiola morna da poesía.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Publicidade

Ola!

Son Manuel Alfonso Estévez

Manuel Alfonso Estévez

Blog persoal para dar a coñecer o Condado de Salvaterra do Miño, a súa historia, os seus roteiros turísticos-gastronómicos e os seus viños.

Últimos comentarios

Descobre a riqueza cultural galega con ‘Galicia, Galicia’ de Manuel Rivas. Unha mirada perspicaz, liberadora e divertida que desafía a propaganda e exalta a liberdade, a imaxinación e o humor.