terra mundial

Hoxe cambio de tema. Si, porque hoxe vou falar de cando se formou Theia (Lua), o chocar coa nai Gaia (Terra).

A curiosidade levoume a Lua (Theia), que é, un pequeno “rueiro” desconcertante, pois carece de atmosfera, está completamente seca, cuberta dunha fina codia quimicamente similar a da Terra (Gaia).

Eu xa de pequeno vía saír a filla Theia (Lua), por detrás do monte San Nomedio (As Neves), cada noite, no meu recuncho de Fornelos da Ribeira, naqueles meses de verán, pero a mellor explicación a encontrei a partir do achado dun cráter dun impacto xigante no límite da súa faciana visible, en tempos da miña residencia en San Miguel de Calvelle (Ourense), onde dispuña dunha azotea espléndida para a observación nocturna.

Que conste que xa fora bautizado como Mar Oriental, polos científicos William Hartmann e Donald Davis, respectivamente. Entón, a curiosidade levoume a saber como se formara a filla Theia,do tamaño de Marte, por impacto, aló dos 4.500 anos. Como si fora onte! Para explicalo, o profesor Erik Asphaug, desenrolou a súa hipótese. Conclusión: Theia filla de Gaia golpearana no pasado. E dicir: Na segunda volta.

Tiven a sorte de recrearme moitas veces co meu telescopio que aínda conservo intacto, e aproveitarme do Apolo, coas rochas quimicamente indistinguibles coas de Gaia.

Houbo un tempo en que me preguntaba sobre a orixe de Theia, como fora bombardeada por meteoritos que fixeran ta profundos buracos, que eu observaba cada noite. E os mais pequenos que formaron unha serie de lúas con composición similar a Gaia, unidas a Theia.

Tódolos impactos tiveron que ser na mesma dirección. E non sei quen fora que propuxera que Theia golpeara a súa nai Gaia, para que chocara “e votara a correr” para quedarse onde está actualmente, porque Theia seguiu orbitando o Sol, antes de volver a abraiar contra súa nai, tal vez millóns de anos logo despois, formando a súa lenta fusión.

Logo, coa misión Apolo, souben moito mais da Lúa, pero aínda así, pouco, para un corpo tan próximo.

Dende entón me quedaron enormes preguntas por responder, pero aquí queda para os meus amigos que me len, a ilusión e interese sobre futuras misións o outro lado da Lúa, que nos axudará a responder as preguntas que faltan. ¡Por hoxe nada mais!

Publicidade

Ola!

Son Manuel Alfonso Estévez

Manuel Alfonso Estévez

Blog persoal para dar a coñecer o Condado de Salvaterra do Miño, a súa historia, os seus roteiros turísticos-gastronómicos e os seus viños.

Últimos comentarios

Descobre a riqueza cultural galega con ‘Galicia, Galicia’ de Manuel Rivas. Unha mirada perspicaz, liberadora e divertida que desafía a propaganda e exalta a liberdade, a imaxinación e o humor.