A poza do rueiro da Loña

Puido ser certo, porque o caso e, que o fora dun matrimonio do rueiro de Cimadevila, infecundo que despois de buscar durante anos entre médicos e “santos”, un remedio para ter descendencia, cando menos esperanza tiñan, a muller achouse preñada, e no tempo correspondente deu a luz, a unha xeitosiña meniña que tanto desexara e agardaba, que fora embobando os proxenitores, ata o punto de que cada un deles, non quería ceder protagonismo do acto.

Os procreadores entraran a discutir por ver quen tiña mais dereito a escoller o nome que había de levar a nena. A nai queríalle poñer Sabela, un nome da terra, pero o pai gardando para si o segredo que permitira a fecundidade, quería se lle chamara Loña. E teimaban sen contar que fora a poza da Loña, quen lle permitira ser pais.

Nada lle dicía que nove meses atrás facendo caso o consello das vellas, lavara as súas partes mais íntimas naquela poza da que segundo contan era “santa”, pero non milagreira. E que isto xa viña moito de atrás, a partir dunha noite na que pasando unhas mulleres pola poza da Loña, oíran como saía do fundo da poza, o son dunha campaíña, que parecía chamar por elas; e estas asustadas, lle contaran o “abade”, pois aquelo semellaba ser algo doutro mundo.

Revolvendo na poza, na procura da suposta campaíña, atoparon unha CRUZ de brazos cruzados iguais con un cazo en cada punta, e outra no medio como para recoller auga; ademais da campaíña que era a que avisaba; sucedendo que o retirala saíra un chorro de auga que o tempo formara unha charca, que usaban os veciños para regar as veigas.

Deste xeito, aquelas xentes que lavaban as súas partes íntimas, fecundaban, pois a auga, xa de antergo, era tecida pola sangue nas veigas e nutría a natureza.

A muller desta historia, erre que erre, non quería perder o nome da familia por un capricho, e votoulle auga da poza no bautizo para lavala do “pecado” que non cometera.

O final, despois de moito dialogar chegaron a un acordo e a meniña rexistraríase como Sabela da Loña, para ben de ambas familias. E así quedou o asunto.

Publicidade

Ola!

Son Manuel Alfonso Estévez

Manuel Alfonso Estévez

Blog persoal para dar a coñecer o Condado de Salvaterra do Miño, a súa historia, os seus roteiros turísticos-gastronómicos e os seus viños.

Últimos comentarios

Descobre a riqueza cultural galega con ‘Galicia, Galicia’ de Manuel Rivas. Unha mirada perspicaz, liberadora e divertida que desafía a propaganda e exalta a liberdade, a imaxinación e o humor.