Manuel Robles Águila
O día 9 de Nadal do 2.007, faleceu en Fuentevaqueros, Granada, este entrañable amigo, fundador é artífice da Cooperativa de Explotación Comunitaria da Terra.

Contaba naquel entón 89 anos o Pai de “Los Pastoreros” é 30 de presidente. “Casi ná”, como diría. Era natural de Monachil, pero de meniño se fora para Fuentevaqueros, onde se fixo un grande home , tan entrañable ata a hora de morrer.

Aló, polos anos 1.960 pon a primeira pedra, a silla é o sillón, como símbolo da evolución da tan querida é admirada cooperativa. Seis anos despois, entrei en contacto co el. O feito é que o exemplo estaba non durmirse no sillón para non volver outra vez a pedra.

Me contaba xa en Sevilla, como xurdira da clandestinidade aló polo 1.954 é comezara a traballar. Debo dicir por experiencia que naqueles tempos as cooperativas de explotación comunitaria da terra, cheiraban a comunismo, pero no seu afán de traballar e ser útil, monta una fábrica de pensos é con ela, o proxecto de criadeiro de porcos, cabras e outras industrias pequenas de transformación. É Manuel Robles Águila estaba alí aportando luz, ar é harmonía.

Eu, amigo Robles, debía estar calado, porque xa non estás con nós; podía deixar correr o mundo, pechalos ollos como o que vai nun vehículo desenfreado; abandonar as esperanzas é chegar a crer haber perdido os únicos medios de buscar solucións. Non o fixen.

¿Quen ten a culpa de que este mundo dexenere? É ¿Quen son eu, para restaurar a ética, a moral, contra o des orden? O mais oportuno hoxe é buscar remedios deixando atrás a desidia. É quedarnos coa esencia que pode darnos a vida.

¿Non será un deber aportar algo en beneficio de todos? Ti, si o fixeches, eu desgraciadamente non. Cantas veces lembro aquela pregunta: ¿Cres ti, que a sociedade do presente vive satisfeita? Non, é xa pasaron anos. Pero o mais agudo dos despropósitos son o que escoitamos: ¡Que me importa a min, os problemas dos demais!

Naquelas Xornadas cooperativas de Sevilla, convivindo contigo, aprendín, entre outras, a experiencia da vida é o amor os semellantes, a humildade é o amor polos demais. A verdade é que te chamaban o pai pastor, o pai viñedo, o pai dos porcos, da mel e hortalizas.

Hoxe, quero que este humilde homenaxe sexa para ti, para o pobo de Fuentevaqueros na persoa de Federico García Lorca, é para a familia cooperativa Santiago Apóstolo.

¿Te lembras de que hai xente moi boa, que se axudan uns a outros, que predican o ben de todos? Pois así foi coa comunista Francisca, co seu fillo Pepe, e súas fillas, en “Los Pastoreros”. Traballaron a terra, se entregaron a obra, sen renunciar as súas conviccións políticas de folla perenne.

Os invito a entrar na www.transicionandaluza.es onde se esconde a historia desta grande obra.

Venme a memoria ¿Quen son os mortos, os que se foron ou os que quedaron? ¡Que che vou a contar! Onde te encontres, xa na realidade, saberás con claridade o que non todos entenden: ¿A onde vamos? Ti xa chegas te, eu vou en camiño… ¿A onde vamos?

¡Cantas veces pecho os ollos e me parece estar soñando as túas ensinanzas é ver os camiños inquietos e preguntar: ¿A onde vamos? Ninguén contesta.

¿Quen son os mortos, os que se foron ou os que aquí estamos?

A resposta é clara. ¿É posible restaurar este mal de fondo? Non o teño claro. O mundo está vencido polo diñeiro, en galego cartos, por iso sexa a Cooperativa de Explotación é Traballo Comunitario da terra, a grande “Historia é Vida de Los Pastoreros” que a honraron, como ti.

Cooperativa Santiago
Que así te vas a llamar
El tiempo será testigo
Si te saben respetar.

Querido amigo, Manuel Robles (d.e.p), é por onde viaxes, recibe todo o calor deste amigo que sempre te levará no corazón. Una preta.

Unha resposta a “O meu amigo Manuel Robles Águila: “O pai pastor””

  1. Avatar de Lorena B
    Lorena B

    Excelente Trabajo Muchas Gracias!!

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Publicidade

Ola!

Son Manuel Alfonso Estévez

Manuel Alfonso Estévez

Blog persoal para dar a coñecer o Condado de Salvaterra do Miño, a súa historia, os seus roteiros turísticos-gastronómicos e os seus viños.

Últimos comentarios

Descobre a riqueza cultural galega con ‘Galicia, Galicia’ de Manuel Rivas. Unha mirada perspicaz, liberadora e divertida que desafía a propaganda e exalta a liberdade, a imaxinación e o humor.