romeria
A parroquia de San Xoán de Fornelos da Ribeira no Concello de Salvaterra do Miño, celebra tódolos anos a romaría de San Xoán, como padroeiro que é da parroquia. A noite e o alba aproximan as mulleres e mais os homes, o prodixioso fogo, cada ano.

Eu lémbrome de pequeno, das flores das xestas, das ramas verdes da carballeira de As Fraguiñas, do río Tea, que para min tiñan, como rapaz, un significado especial, como o meu lembrado amigo Manuel Aparicio González, de A Coruña, que nos auguraban amores e sortes, sobre todo no fogo paterno e vivificador daqueles anos, no que participaba a mocidade deste Fornelos da Ribeira, naquelas fogueiras do solsticio. E da auga tamén, do heroico rio Tea, na que lavábamos a faciana na Aceña de Martín.

Fornelos da Ribeira, corazón do Condado de Salvaterra,fora rostro veraz daquela época, que agora mesmo resulta o mesmo por San Xoán,coa dúbida:
“Quen ame, como eu amo, esta nosa terra, coas súas escuras e poderosas veigas, gardará na memoria aquelas vellas e vellos, donos dos seus cansados anos, perdidos naquelas noites na carballeira das Fraguiñas, moito mellor que eu”. Eu, entón, me imaxinaba a Pedro Madruga, lucindo o nome, señor devoto da Nosa Señora das Angustias, hoxe das Dores, brincador, xentil na fogueira entre os asombrados vasallos.

Entón, en Fornelos da Ribeira, eu ía a romaría sen beber unha cunca de viño, pola idade.

Hoxe, este humilde servidor, non se atreve a falar tamén das costumes daqueles tempos pasados, como o entroido dos carnavais, no que os veciños acostumaban a celebralo disfrazados votándose fariña e pintados con carbón, recorrendo os rueiros da parroquia. Os rapaces loitaban por defender as comadres e o compadre.

No mes de novembro se facía o “magosto” coas castañas que en anos antergos se asaban nun caldeiro perforado colgado enriba do fogo, regado coas cuncas de viño tinto y pan de millo. No mes de decembro se realizaba a “matanza” que remediaba a moitas familias.

Así pasaban o tempo os meus veciños, e adozaban a boca, coa bica elaborada con manteiga, azucre, fariña e masa fermentada de pan, sen esquecernos do entorno natural, variado e rico en vexetación, co rio Tea, formando o seu patrimonio. E como monumento a Igrexa de San Xoán.

Eu aínda me lembro hoxe, das mañás do solsticio de San Xoán, na que saían peiteándose o cabelo e o mollaban na fonte no rueiro do Ravelo en Tortoreos (As Neves), segundo Filgueira Valverde.

Publicidade

Ola!

Son Manuel Alfonso Estévez

Manuel Alfonso Estévez

Blog persoal para dar a coñecer o Condado de Salvaterra do Miño, a súa historia, os seus roteiros turísticos-gastronómicos e os seus viños.

Últimos comentarios

Descobre a riqueza cultural galega con ‘Galicia, Galicia’ de Manuel Rivas. Unha mirada perspicaz, liberadora e divertida que desafía a propaganda e exalta a liberdade, a imaxinación e o humor.