Como atraer os euros

diñeiro

Ensino xudeu

Así é. Hoxe mais que onte, as xentes de Fornelos da Ribeira, debedes afacervos a que o diñeiro, os euros, nunca os falten no eido. Para elo, seguide estes consellos xudeus:

1º.- Cando vaiades a cobrar o soldo, a pensión ou cal quer outra achega, debedes pasar esa noite no eido cos cartos, ou na entidade bancaria, sen tocalos.

2º.- Xa os vellos aconsellan conservalos en billetes durante todo o ano, pois como estes billetes están cargados de enerxía positiva, empezará a traervos mais euros.

3º.- Si os poñedes asubiar na habitación, non recibiredes extra algunha; e tampouco si os dedicades a recoller migallas da mesa coa a man.

4º.- Si dades pan e sal a alguén, a sorte pasará a familia desa persoa.

5º.- Para que teñades euros no eido, tendes que por a escoba co mango para abaixo.

6º.- E preferible pedir aumento de soldo, sempre o medio día, porque é cando o SOL irradia a súa máxima enerxía.

7º.- Non prestedes cartos, e menos os luns; tampouco pidades o martes, nin tampouco devolvades o que os prestan os venres.

8º.- Tomade e dade prestado polas mañás, porque cal quer manexo de cartos na noite significa Bancarrota.

9º.- En xeral tratade de non coller prestado, senón, mais ben, de prestar, así estaredes programando os cartos para que sempre sexan devoltos.

10º.- No bolso da roupa, onde gardades o diñeiro, tende sempre un billete ou unha moeda. Pero ¡ollo! Os cartos non lle gustan os bolsos rotos.

11º.- A billeteira non a debedes ter illarga; alí ten que haber, polo menos algunha moeda.

12º.- Tódolos billetes teñen que poñerse vendo a faciana pra fora.

13º.- Na separación mais pequena da billeteira poñede un billete dobrado en forma de triángulo.

14º.- Na billeteira levade sempre unha moeda do primeiro soldo, que non debe ser gastado, xa que será o talismán, porque senón os cartos se sentirán desprezados.

15º.- O diñeiro obtido de xogos, apostas de maneira inxusta, os encontrados ou regalados, non traen felicidade, e polo tanto, non debedes conservalos. Gastádeos rápidos.

16º.- Logo de haber lido isto, os decataredes que os cartos se perden,se gañan e se termina rápido con eles.

17º.- Para non perdelos, amigos meus, facede o seguinte: Atraede os cartos en dirección a vos. Si empezan a chegarvos, demostrade que o respectan e que realmente os estiman. Aquí tendes a receita.

Publicidade

Ola!

Son Manuel Alfonso Estévez

Manuel Alfonso Estévez

Blog persoal para dar a coñecer o Condado de Salvaterra do Miño, a súa historia, os seus roteiros turísticos-gastronómicos e os seus viños.

Últimos comentarios

Descobre a riqueza cultural galega con ‘Galicia, Galicia’ de Manuel Rivas. Unha mirada perspicaz, liberadora e divertida que desafía a propaganda e exalta a liberdade, a imaxinación e o humor.