Fornelos da Ribeira, unha vez mais

Rio Tea Fornelos da Ribeira

A miña querida terra nai de Fornelos da Ribeira, se encontra no corazón do Condado de Salvaterra do Miño, na metade da estrada que vai de Ponteareas a Salvaterra, xunto a ribeira do Tea, do cal recibe o nome, formando un mar de veigas de millo e viñedos.

Coa desaparición dos señoríos, Fornelos se convertera nun municipio integrado coa parroquia de San André de Lourido, San Miguel de Leirado e Corzáns, pertencendo a xurisdición de Ponteareas por pouco tempo.

No rueiro da carballeira das Fraguiñas e Igrexa de San Xoán, estaba a Casa Forte do Álvarez de Soutomaior que foran dos Castro. E no que é hoxe a carballeira das Fraguiñas está o corazón da parroquia.

Houbo unha capela en Martín, San Antonio desaparecida e construída pola familia Brei; Santa Rosa, no rueiro do Casco, pertencente a familia Cambra, e algunha mais, como cruceiros e Petos de Ánimas, dos que fago referencia en outro apartado.

Dende a Idade Media, Fornelos da Ribeira foi a espiña dorsal dos fidalgos que abriron as portas os Álvarez,Castro, Ozores, etc., con casas brasonadas que desapareceron cos Irmandiños.

Da primitiva igrexa dentro do eido da Casa Forte, non quedou nin rastro, e grazas a Teresa de Tábora, se edificou a actual igrexa, dedicada a San Xoán, no 1.715 ata os nosos días.

Destas datas, so mentes se conserva parte do portal, no rueiro do Casco. E o único que queda.

En Fornelos da Ribeira podemos espertar co alegre alboroto dos gorrións, lavandeiras, xílgaros e reiseñores e durmir co son dalgún morcego.

Esta miña parroquia, corazón do Condado de Salvaterra, non nos deixa indiferentes. Na beira do río Tea, cheo de vida, se conserva parte do noso pasado histórico, e tomando como o eixe a Carballeira das Fraguiñas, conservamos a tradición medieval como centro de unión de tódolos veciños.

Fornelos da Ribeira está situada en unha zona privilexiada coa historia das cabalgadas do IV Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga, próximos o centro de esparexemento, que fai que a visita a Fornelos sexa agradable e se quede con ganas de volver.

De aquí, ir a Salvaterra a lembrar a dona Urraca, a Diego Xelmirez, García Sarmiento, conde de Salvaterra, e decidir ir pola Ruta Verde, o parque de A Canuda, ou polo Paseo Fluvial a famosa illa da Fillaboa, con amplas zonas verdes na ribeira do Río Miño; e senón, a Ruta de Ponteareas, capital xurisdicional do Condado, e Mondariz a senda fluvial do Río Tea, con parada na Freixa con mesas de pedra e merendeiros con sombras para xantar. ¡Ah! Pero antes tamén se pode parar en Angoares, na Ponte das Partidas, en Moreira, e na praia de Nogueira en Urcela con merendeiro, asador, e zona de árbores con areal.

¿Queredes mais?

Publicidade

Ola!

Son Manuel Alfonso Estévez

Manuel Alfonso Estévez

Blog persoal para dar a coñecer o Condado de Salvaterra do Miño, a súa historia, os seus roteiros turísticos-gastronómicos e os seus viños.

Últimos comentarios

Descobre a riqueza cultural galega con ‘Galicia, Galicia’ de Manuel Rivas. Unha mirada perspicaz, liberadora e divertida que desafía a propaganda e exalta a liberdade, a imaxinación e o humor.