Rosa dos Ventos Torre de Hercules

Comezo por unha razón moi sinxela, espallada na Rosa dos Ventos, polos cinco continentes e mares, onde trafegan moitos dos nosos paisanos, que van levando sempre no pensamento a angustia de volveren a terra.

Este meu propósito é, dirixirme a todos eles, que navegan, ou que están afincados polo mundo enteiro, e sinalar a labor desta xente esparexida e magoada.

Conto, como sempre, con que a emigración e unha pauliña, e que, se olle por onde se olle, constitúe para nós, unha desgracia social.

E, digo Rosa dos Ventos, porque ten moitas espiñas para preocuparme de tantos paisanos nosos na Arxentina. Eu sei que na Arxentina per vive unha grande familia miña, por exemplo, erguida dende hai moitos anos, e tamén centos de miles de irmáns que traballan matinando volver a terra;gora ben podo dicir a frase de Castelao: Bos Aires é a capital da Galicia.

Nós aquí somo poucos e procuramos co espírito inquieto que a Autonomía se desenrole en liberdade e dunha maneira axeitada.

Sei que en Bos Aires, ten que haber moitas cousas e sei do luído de moitos fillos, pero aínda así estudan e escriben na nosa bendita lingua nativa; pero volvendo o coto, coido que as desgracias da emigración debeu ser enxugada para axudar a nosa terra, que sempre levaron afincada no corazón e pensamento.

Na Rosa dos Ventos, dende Fornelos da Ribeira, nace un regueiro de desexos, que ten como misión, cumprir coa terra; unha delas é este blog. do Condado de Salvaterra do Miño, porque penso que aínda nos quedan moitas cousas que nos irmán: A lingua, o sentimento, a idea de retornar a terra, e un longo etc. E, eu, dende este humilde medio, quero contar coa unidade, sen crebas de todos e de todas.

Fomos moitos os emigrantes e inmigrados e baixo ningún concepto aceptamos as solucións de séculos e séculos. Somos xente honrada con sentimentos na terra, afortunadamente e podemos chegar a conclusión: A unidade e irmandade, empezando, por exemplo, pola nosa parroquia e a de cada quen, levando os fitos esenciais, valedeiros e de importancia, porque dispersados, sen seguimento adoitado, e so divertíndonos coas romarías e festas de gardar, discutindo parlas e chorando sen consolo, non chegaremos nunca a ningunha parte.

Polo tanto, irmás da Rosa dos Ventos, dende esta terra, os fago este chamamento para desandar os erros e poñernos a traballar pola nosa terra nai, polo noso Condado de Salvaterra do Miño, pola nosa hoxe parroquia de Fornelos da Ribeira, con todo o noso sentimento. Saúdos e grazas.

Publicidade

Ola!

Son Manuel Alfonso Estévez

Manuel Alfonso Estévez

Blog persoal para dar a coñecer o Condado de Salvaterra do Miño, a súa historia, os seus roteiros turísticos-gastronómicos e os seus viños.

Últimos comentarios

Descobre a riqueza cultural galega con ‘Galicia, Galicia’ de Manuel Rivas. Unha mirada perspicaz, liberadora e divertida que desafía a propaganda e exalta a liberdade, a imaxinación e o humor.