Lembrando aqueles que se foron …

exiliados políticosEsta é unha primeira entrega daqueles exiliados políticos da guerra civil do ano 1.936, que con toda dignidade defenderon nobremente a súas maneiras de ser e de pensar, coas mans limpas.

Estes seres humanos do noso Condado de Salvaterra do Miño, tiveron que exiliarse pola súa fidelidade a república, e que por azar da vida, ocupaban responsabilidades políticas, profesionais ou intelectuais no noso eido.

É unha lembranza tamén para aqueles que por razóns de traballo se atopaban fora da terra. É por último, é unha lembranza tamén para aqueles que cumprindo o servizo militar no exército os colleron en destinos na zona leal. Para todos eles o noso recoñecemento.

Con este recoñecemento non pretende molestar a alguén. ¡Líbreme Deus! porque foron os que para salvala pel da represión e malia o seu compromiso político, alistáronse diante da necesidade dos homes para facer fronte os sublevados.

Os veciños republicanos do Condado de Salvaterra, que sobreviviron o conflito, víronse abocados a pasar a fronteira e procurar traballo en Francia para posteriormente pasar a América, sobre todo, Arxentina, Cuba ou México.

É tamén, non esquezamos os emigrantes legais a partir de 1.947 escapando da fame.

Daqueles exiliados que lembramos hoxe, temos:

Hermenegildo Losada Loureiro, nado en Maceira (Covelo), medico. (1.913 – 1.947).
Álvaro Domínguez Benavides, nado en Ponteareas, médico (1.902 – 1.977).
Marcelino Losada Loureiro, nado en Maceira (Covelo), (1.901 – 1.979). Participante en actividades socialistas. Escondido na cuadra de ganado por o crego Xesús Domínguez Cambra, párroco de Melón e a colaboración do primo Xosé María Alonso Cambra, pasou a Portugal e de alí a México onde faleceu e exerceu a súa actividade médica.
Rogelio Acuña Estévez, membro do Batallón de Milicias Populares Galegas.
Darío Álvarez Estévez, membro do Batallón de Milicias Populares Galegas.
Manuel Álvarez Estévez, membro do Batallón de Milicias Populares Galegas.
Antón Barbeito Pérez, de Guillade, (Ponteareas), refuxiado en Bos Aires. (Arxentina).
Antonio Barbeito San Martín do Outeiro, sen referencias.
Armando Barreiro Curtado, médico. Refuxiado en México.
José Barreiro Curtado, médico. Refuxiado en México.
José María Bouzó Barreiro, de Guillade (Ponteareas), membro do Batallón de Milicias.
Pastor Candeira Álvarez, deputado en Ponteareas. Exiliado en Francia.
Francisco García Fernández, funcionario en Ponteareas.
Rogelio González, de Taboexa (As Neves), comisario político.
José González Vázquez, de Ponteareas. Mestre nacional
Manuel López González de Ponteareas.
José Magariños de Fornelos da Ribeira, membro do Batallón de Milicias.
Celia Mallo Estévez, exiliada en Bos Aires (Arxentina).
Manuel Mouriño Méndez, delegado da Unión Progresista de Salvaterra, exiliado na Arxentina.
Maximino Martínez Rivas, de Mondariz.
Marcial Otero Abión, nado en Covelo refuxiado nun Campo de concentración nazi.
Francisco Ozores Mariño, membro do Batallón de Milicias Populares Galegas.
Román Rodríguez Martínez, fillo de emigrantes de Fornelos da Ribeira, 1.920, foi fundador da sociedade “Juventud Progresista, Hijos de Fornelos” (1.920), así como delegado en Fornelos e presidente do sindicato agrícola gandeiro “El Progreso” en 1.930. En 1.936 exiliouse na Arxentina. Publicou abondosos artigos na prensa galega de Bos Aires e tamén en Galicia.
Luís Rodríguez Santos, mestre. Tamén exiliouse.
Souto Candeira, médico (Ponteareas).Exiliouse en Venezuela e EE.UU.
Esteban Suárez Moreno, nado en Mondariz, exiliouse en 1.939.
José Troncoso Faro, nado en Ponteareas.Foi alcalde de Mondariz.
Ramón Troncoso Fernández, nado en Ponteareas, médico e sindicalista e fundador da Alianza Nacional Galega de México.

Aquí deixo para a reflexión estes nosos irmáns; posiblemente haxa moitos mais, non so para lembralos, senón tamén, para agradecerlles os traballos que alén de Galicia fixeron por dala a coñecer e deixar ben sentado que un pode equivocarse ou non, pero para aclaralo non fai falla “salvadores da patria”. Nos a salvamos con diálogo é coa nosa presenza e a nosa honrada dignidade.

Unha resposta a “Lembrando aqueles que se foron …”

  1. Avatar de Ma Consolacion Barreiro
    Ma Consolacion Barreiro

    Con emocion veo el recuerdo de los hermanos medicos Barreiro Curtada, exiliados en Mexico.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Publicidade

Ola!

Son Manuel Alfonso Estévez

Manuel Alfonso Estévez

Blog persoal para dar a coñecer o Condado de Salvaterra do Miño, a súa historia, os seus roteiros turísticos-gastronómicos e os seus viños.

Últimos comentarios

Descobre a riqueza cultural galega con ‘Galicia, Galicia’ de Manuel Rivas. Unha mirada perspicaz, liberadora e divertida que desafía a propaganda e exalta a liberdade, a imaxinación e o humor.