E capital da comarca do ribeiro, é, como non, centro viñateiro e vila histórica. Ribadavia, foi en principio, un asentamento romano é residencia do rei García I, de Galicia. Nada menos. Daqueles anos de esplendor, conserva a muralla, o castelo, igrexas é a xudería, ademais dunha grande riqueza histórica completada polo cheiro das súas rúas con soportais e fogares heráldicos ata o día de hoxe.
Ribadavia sempre estivo unida por diversos vínculos a historia do Condado de Salvaterra do Miño da que nos congratulamos ser. Hoxe, Ribadavia é un concello con 16 rueiros, formando sete parroquias: Camporredondo, Esposende, Francelos, Regodeigón, Senin, Ventosela e Ribadavia, que forman un marco natural que rodea os vales do Miño e Avia, na cal se encaixa Ribadavia, entre fortes pendentes.
Ribadavia é viño, pastos, prados, hortas, verduras e hortalizas para a súa subsistencia. Os viñedos espallados polos vales, sostidos por bancadas ou sucalcos, é a base dos seus viños, como rango fundamental da paisaxe agraria.
Ribadavia e os seus viños, están presentes na Historia dende tempos inmemoriais. Xa Cervantes, o citara en El Licenciado Viduera, ademais de documentación dende o século XIII, onde se falaba do viño en época da prehistoria é roman. O castelo, de Veiga, Sanin, Esposende, son exemplos da súa importancia. E de ser residencia do rei García I, de Galicia, tamén. Os mosteiros de Melón é San Clodio fundados en 1.142 é 1.151, foron testemuñas.
A Historia de Ribadavia e o ribeiro, deixaron presenza artística histórica; muralla, castelo, igrexas, conventos é xudería así o demostran. A muralla e o castelo dos condes, resistiron guerras, so o tempo non foi capaz de soportalo. É foi o tempo o que deixou ocos da fortaleza, nas igrexas románicas de Santiago é San Xoán, no século XIII. Santo Domingo, fundada por San Telmo, segundo di a lenda. Tamén foi importante centro semita. Se lle recoñece aínda nas rúas cos soportais e fogares formando o patrimonio da vila.
Ribadavia evoca o viño, os ataúdes, os bordados, as esculturas en pedra e madeira promovido polo Museo das Artes é Costumes Populares do ribeiro. Lembremos as festas, romarías, mercados e feiras; en cada parroquia hai varias. A gastronomía coas empanadas, o lacón con grelos, o polbo, é como non, as rosquillas que co viño forman tamén a Historia do ribeiro.