Isto é, o menos,o que me parece a min. Houbo unha vez unha velliña que vivía escondida na alma que moi poucos coñecen. Como nos contos das vellas camiñantes é dos buscadores das auroras. Estou falando de Pepa Loba, que vivía entre as desgastadas pedras do Coto de Sá, nos tempos de maricastaña. Se arrastraba, trepaba e percorría tódolos recunchos da parroquia, é cando lle parecía se sentaba xunto a fogueira, pensando cantar unha canción.
Pepa Loba, levantaba os brazos sobre ela, é se puña a cantar. Os osos das patas do lobo, cantaba, cobraban vida e da súa forza peluda se cubría por riba. Pepa Loba, cantaba é respiraba. Cantaba no cumio do Coto de Sá, é o lobo abría os ollos pegando un brinco é escapando pedras abaixo.
Cando me contaban de meniño, o consideraba como un conto milagreiro, beneficioso para as almas, porque Pepa Loba, cantaba os osos recollidos. É, para min, cantar significaba utilizar a voz da alma. Era un símbolo da psique, o símbolo da vella personificada no mundo.
Pepa Loba, era a que sabía, cando vivía no Coto de Sa; era cal quer forza personificada na loba, que fechaba o pasado, sobrevivido por xeracións tras xeracións a mais vella que o tempo.
Pepa Loba, fora a archiveira da tradición, a que sabía, a que estaba na profundidade das mulleres. O seu fogar, era o tempo, o espírito das mulleres e a loba. Era o rueiro da vida, profunda, contra os ventos e os pensamentos dos seres humanos, a partir dos cales, se difunde a realidade, a luz o universo. Pero como nai loba, morde as orellas para metelas na cintura. É a vellez quen coñece os seus, envolvese no cheiro da terra o alento de Deus. É a imaxe, de quen é, de quen vive baixo o Coto de Sa, nos tempos profundos.
Pois ben, nese eido, vivira Pepa Loba. Nese eido se describiran vestixios nos que a imaxe é símbolos dos contos, da literatura, da poesía é da pintura é da relixión, foron o resplandor é a voz da “Casa Forte” dos Álvarez de Soutomaior, Sarmiento. . .rueiro habitado por Pepa Loba, onde os espíritos se manifestaban como persoeiros, a voz mitolóxica da psique profunda das poetisas que iniciaban a experiencia na terra do coto, para cantar o que alí pasou.
Hoxe o Cemiterio con todos os que nel descansan en paz, transmite unha enorme riqueza psíquica, é hai que visitalo é ceder a tentación de apagarse gozosamente, experimentando a realidade, lavados é somerxidos nas augas vivificadoras que deixaron marcados na nosa carne o cheiro sagrado da morte.
A muller chega a este mundo entre os ruídos, a través do anhelo é a busca, polo rabo do ollo. Chega por medio de actos profundamente creativos, é Pepa Loba, extraviada, traidoramente pola fe. O Coto de Sa, dispuña da semente e a clave da vida. Estivo cos ceos, que significaba bailar coa vida, é bailar coa morte. É volver a bailar coa vida, morte é vida.
Pepa Loba, foi a voz mitolóxica que coñeceu o pasado, a nosa longa historia. Conservou os contos. As veces soñados como unha fermosa voz incorpórea.
Hoxe, Pepa Loba, recolle novamente os osos, é eu, a alma, a construción do fogar da alma feita a man, que necesita renovarse.¡ Non os enganedes!. Hai que poñerse en camiño para percorrer o último quilómetro. Achegarse, é chamala a vella porta do cemiterio. Reverencia é sonos de tantas xentes alí expostas. ¿Queredes un consello psicoanalítico? Recollede os osos alí expostos: Porque mortos son os que teñen morta a alma é viven aínda no pensamento de todos.
Non son os mortos que en doce alma,
A paz gozan na tumba fría,
Mortos son os que teñen morta a alma
É viven aínda. . .
A vida non é a vida que vivimos,
A vida é a honra e as lembranzas;
Por iso ai mortos que no mundo viven
E os que viven no mundo mortos.
(Regalía de Antonio Muñoz Feixó (1.851-1.890).